Dende que en 2004 a Asociación de Empresarios de Redondela tomara a iniciativa da posta en marcha dun Plan de Dinamización comercial para o Concello de Redondela, téñense dado avances significativos na consecución dos obxectivos fixados polo mesmo.
Realizouse un estudio do conxunto comercial do concello (Redondela, Chapela e Cesantes) que deu lugar a un Plan Estratéxico de Dinamización Comercial. Este estudio que foi concibido coma unha ferramenta práctica e operativa para acadar a mellora da competitividade dos establecementos comerciais da cidade, tanto a nivel individual como colectivo e identificaba, entre outros aspectos, a capacidade e potencialidade de desenvolvemento comercial de cada unha delas, resaltando a capacidade de evolución do núcleo urbano central de Redondela a Centro Comercial Aberto (CCA).
Ir á web do Centro Comercial Aberto (CCA)
Así, as primeiras liñas de actuación desenvolvidas centráronse na posta en marcha do Centro Comercial Aberto, tal e como recomendaba o estudio. Para elo, creouse un órgano xestor dentro do organigrama da Asociación, con competencias sobre o CCA que se denominou Comisión do Centro Comercial Aberto da AER, en outubro de 2004. Delimitouse, tal e como se establecía no estudio, a zona de actuación do Centro Comercial Aberto que se corresponde co núcleo comercial urbano de Redondela, desenvolvéronse as marcas Comerciais "Comercio de Redondela" e "Hostalaría de Redondela" como mecanismo de promoción conxunta e desenvolvéronse accións de difusión, incentivación da demanda, campañas de fidelización e animación acadando resultados moi positivos.
ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB 36800 Redondela, Pontevedra (España) Telf: 986 404012 aer@empresasredondela.com