24 setembro 2017
« Voltar

O diagnóstico do núcleo urbano central de Redondela que aposta por un Centro Comercial Aberto, como estratexia de dinamización basease unha relación de complementariedade, como principio básico de desenvolvemento sostible entre as distintas zonas comerciais referenciadas.

Ademais, dito estudio definiu un conxunto de accións, en todas as áreas de actuación planificadas nun horizonte temporal de 3 anos, dando prioridade a implantación das accións do Plan de Evolución o CCA no núcleo urbano central do concello.

Hoxe, o núcleo central urbano de Redondela, ámbito de actuación do CCA, conta, entre outras coas seguintes características:

  • Número significativo de establecementos comerciais, hostaleiros e de servizos. Concéntranse no núcleo comercial un 300 establecementos que aglutinan, comercio, hostalería e servizos con unha densidade e concentración comercial alta en mais do 50% das rúas do núcleo urbano.
  • Estructura de Centro comercial e administrativo. Concello, xulgados, Centro de Saúde, Centro da Terceira idade, Servizo Público de Emprego e outros servizos configuran o núcleo urbano de Redondela como o centro administrativo do norte da Mancomunidade de Vigo e ten unha consolidada tradición de compras.
  • Grado de asociacionismo do 70%. Rexístrase un porcentaxe de asociacionismo significativo con un incremento de 26 puntos porcentuais no último ano.
  • Imaxe de marca unitaria. Disponse unha marca comercial propia, creada no ano 2004, na fase inicial que conta con un plan de implantación e promoción que se ven executando dende a fase inicial do proxecto.
  • Unidade de xestión profesionalizada. Co soporte da Asociación, o CCA conta con un sistema de xestión integrado que ten consolidado servizos as empresas asociadas como: servizo de intermediación laboral, negociación vantaxosa, servizos de apoio e asesoramento técnico, etc. e proxecto de promoción turística, industrial e comercial dos que se benefician de forma directa a todos os asociados.

Nembargantes, as outras dúas áreas comerciais analizadas no estudio, Chapela e Cesantes presentan situacións moi dispares.

O comercio e servizos de Chapela, pola súa parte, cumpren unha función de abastecemento básico a súa poboación residente, un colectivo duns 9.000 habitantes. Seccionada pola Atopista A9 en dous núcleos poboacionais principais, o peso comercial localizase no subnúcleo de Chapela de Abaixo. Chapela conta con unha concentración comercial de aproximadamente 150 establecementos achegando un porcentaxe de asociacionismo próximo o 30%. Os establecementos comerciais distribúense principalmente de forma lonxitudinal o longo dos eixos das Avenidas que a atravesan. Conta con un mercado de Abastos e un Centro de Saúde entre outros servizos, aínda que con barreiras de integración moi significativas.

Pola súa banda, Cesantes, con potencial turístico e de residencia, con atractivos tan destacados como a Illa de San Simón, a praia e o seu entorno natural, conta con un núcleo comercial configurado por uns 70 establecementos que teñen como área de atracción a poboación da propia parroquia de Cesantes (3.000 hab) que elixe mercar en Cesantes por proximidade e trato. O porcentaxe de asociados achegase o 25%.

Ir á web do Centro Comercial Aberto (CCA)

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela
Formación

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia