16 xullo 2019
« Voltar

Axudas

SUBVENCIÓNS PARA A APERTURA DE NOVOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS

 Material Relacionado 
  • PDF (PDF - 1161 Kb)

Orde do 27 decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Bases reguladoras e convocatoria:

  • Prazo: O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de xuño de 2014
  • Porcentaxes e Subvención: A subvención poderá chegar ata o 50 % dos investimentos subvencionables
  • Beneficiarios: Os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas
  • Conceptos subvencionables:


- Acondicionamiento do local comercial, o investimento máximo será de 12.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %


- Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento, o investimento máximo será de 6.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %

- Investimentos en tecnoloxías da información e da comunicación, o investimento máximo será de 2.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %

Nota: En ningún caso os solicitantes poderán superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 20.000,00, IVE excluído


 

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia