16 xullo 2019
« Voltar

Campañas/Eventos

COMEZÁ A CAMPAÑA DE PREMIOS DE NADAL DO COMERCIO DE REDONDELA: ’ MERCAR EN REDONDELA TEN PREMIO ’

O Comercio de Redondela, estrea esta semana a súa tradicional campaña de premios posta en marcha pola Asociación de Empresarios de Redondela. Polas compras que se realicen ata o 6 de xaneiro os clientes serán agasallados coas papeletas de participación. Todos os comercios disporán dunha urna nas que os clientes poden depositar as súas participacións.

Os premios serán vales de compra de 50 €, 100 €, 200 € e un gran premio de ata 1500 €. Os premios serán entregados na Gala do Comercio de Redondela, que terá lugar no mes de xaneiro e na que ademáis se fará o sorteo dun vale de compra de 1000 € que se incrementará en 500 € si o agraciado está presente na gala ( 1500 € en total ).

A campaña conta, como ven sendo habitual, cun amplo programa de animación vinculado á actividade na rúa, actividades que contan coa colaboración do Concello de Redondela e a Dirección Xeral de Comercio que ven colaborando nas actuacións de dinamización do Centro Comercial Aberto de Redondela.

Redondela contará con dúas áreas de ocio, unha na Praza da Casa da Torre que albergará a Carpa do Nada, entre o 21 de decembro e o 4 de xaneiro, na que todos os clientes poderán acceder de forma gratuíta e poderán deixar aos nenos ao coidado dos monitores e outra zona de atracción se situará na Alameda. Estas atrraccións terán descontos polas compras realizadas no Comercio da localidade.

Este ano tamén a Alameda de Chapela acollerá unha zona de ocio infantil os días 26, 27, 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia