16 xullo 2019
« Voltar

Campañas/Eventos

OS PREMIADOS DA CAMPAÑA DO NADAL PROTAGONISTAS NA GALA DO COMERCIO DE REDONDELA

 Material Relacionado 

O presentador Cándido Pazó contou con graza e simpatía historias que trala espontánea gargallada dos espectadores, incitaban á reflexión, rematando con sonoros aplausos moitos dos pequenos contos e historias cos que amenizou a gala.

O momento máis esperado foi o sorteo do cheque de 1000 €. Cándido Pazó contactou en directo coa premiada que ata recibir o aplauso do auditorio cría que lle estaban gastando unha broma.

Os propietarios dos case corenta comercios nos que tocaron os vales foron os encargados de realizar a entrega dos premios aos seus clientes.

José Antonio Gómez, actual Presidente en funcións da Entidade e Ana Alonso Concelleira de Facenda, Desenvolvemento Local e Comercio, quixeron en sendas intervencións por en valor o papel que xoga o pequeno comercio no desenvolvemento da vila de Redondela e a importancia de que permaneza unido e aproveitar as sinerxias positivas que xera o traballo de promoción conxunta cordinando pola Asociación de Empresarios.

Axúntase lissta de premiados

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia