16 xullo 2019
« Voltar

Campañas/Eventos

A CAMPAÑA AS RECEITAS DO MERCADO PROMOVIDA POLA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA VOLTARÁ MAÑÁ

Hoxe, venres 14 de Setembro prosegue o ciclo de cociña en vivo na Praza de Abastos de Redondela que se prolonga durante todo este mes de setembro. A cita coa cociña en vivo será este venres a partir das 11:30 horas no segundo andar da praza de Abastos.
Pedro Sestayo será o cociñeiro encargado de elaborar esta semá unSteak Diana, que os asistentes poderán non só aprender a elaborar senón tamén degustar.
A campaña “A Receta do Mercado” promocionada mediante o slonga “volta a praza, a mercar e a cociñar” conta ademais con un recetario coleccionable que os clientes poderán conseguir nos establecementos asociados á Asociación de Empresarios ubicados na praza de abastos que conta de fichas coas receitas e un arquivador de regalo que poderán conseguir sumando puntos pola súas compras. Unha vez completada a cartolina de puntos poderán canxeala por un arquivador completamente de valde na Asociación de Empresarios.
Os clientes con motivo desta singular campaña conta con atractivas ofertas das que poderán informarse nas fichas coleccionables.
A xornada inaugural tivo unha acollida formidable por parte do público asistente tanto clientes como comerciantes ubicados na Praza de Abastos, que ben con bos ollos este tipo de iniciativas encamiñadas a fomentar o mercado.
Durante a realización da receita inaugural o público mostrouse moi participativo realizando preguntas, consultas para resolver as dúbidas sobre a elaboración da receita.
Unha vez realizada a receita os asistentes realizaron unha degustación da mesma acadando unha valoración moi positiva polo que o cociñeiro pasou sen problemas esta primeira proba “aprobado con nota” dicía algún dos espectadores, esperando que a receita de este venres consega o mesmo resultado.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia