16 xullo 2019
« Voltar

Axudas e Subvencións

PLAN A TÚA MEDIDA 2011 - ASESORAMENTO EN VISUAL MERCHANDISING PARA PEQUENOS COMERCIOS

Convocatoria para a selección de pequenos comercios da provincia de
Pontevedra interesados en tomar parte do programa de asesoramento
personalizado en visual merchandising. Plan "A Túa Medida" 2011.


Obxecto: o obxecto da presente convocatoria é a selección de pequenos/as comerciantes da provincia de Pontevedra para ofrecerlles a oportunidade de recibir un asesoramento personalizado e presencial en Visual Merchandising adaptado ás necesidades concretas dos seus negocios.

Destinatarios: poderanse acoller a este programa empresarios/as autónomos/as e sociedades mercantís dedicados ao pequeno comercio que desenvolvan a súa actividade comercial na provincia de Pontevedra e que atendan ás seguintes características:

  • Estar incluídas nos epígrafes 64,65 y 66 do Imposto sobre Actividades Económicas ou na rama 52 da CNAE.
  • Contar cunha antiguedade mínima de 6 anos ou máis anos.
  • Ter 3 ou menos empregados por conta allea e/ou titular.
  • Que a superficie da sala de ventas non supere os 150m2.
Características do asesoramento: o asesoramento será gratuíto, no propio comercio, personalizado e estará dividido en tres fases:
  1. Un consultor experto en Visual Merchandising desprazarase aos comercios para coñecer de primeira man as inquedanzas e necesidades dos comerciantes. Fará unha reportaxe fotográfica e cubrirá un checklist para valorar a imaxe comercial que proxecta o establecemento.
  2. Un equipo de especialistas elaborará un diagnóstico do comercio no que se recollerán as recomendacións de actuación ofrecendo unha proposta creativa para mellorar a zona que considere máis eficaz.
  3. Ensinará a presentar os produtos e a mellorar a imaxe do negocio. Un equipo de profesores orientará, no propio establecemento, de cómo facelo.
Información e Solicitudes: o modelo de solicitude e as bases da convocatoria están na páxina web da Deputación de Pontevedra www.depo.es. As praza son limitadas. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 28 de maio de 2011.


Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia