16 xullo 2019
« Voltar

Campañas/Eventos

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PROPÓN UN PLAN B! PARA O DÍA DO PAI

Os establecementos do Centro Comercial Aberto de Redondela, agasallan aos seus clientes un Planb!, unha completa oferta de ocio e restauración
para o Día do Pai.

A Asociación de Empresarios de Redondela promove esta iniciativa con motivo do Día do Pai para promocionar o comercio e a hostalaría da localidade. Polas compras realizadas entre o 15 e o 18 de marzo no comercio de Redondela os clientes recibiran un agasallo especial presentado baixo un paquete promocional que comprende unha completa oferta de ocio para disfrutar do Día do Pai en familia.
Nesta caixa recóllense invitacións e información sobre as actividades e ofertas para ese día tan especial.

Son 4 os restaurantes da localidade os que ofrecerán menús especiais con motivo do Día do Pai, con completa información sobre os menús.
O agasallo comprende tamén invintacións para:

  • Un minigolf que se instalará nos xardíns da Alameda de Redondela.
  • Unha área de mini e super futbolíns.
  • Realizar un retrato/caricatura da persoa que desexe así como participar nos obradoiros de caricaturas que se localizará na Praza do Concello.
Estas actividades realizaranse o sábado 19 de marzo, Día do Pai, en horario de 17:00 a 20:00h.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia