23 novembro 2017
« Voltar

Emprego

A Asociación de Empresarios de Redondela está marcada por unha longa traxectoria na implementación a nivel local de políticas activas de emprego: programas formativos, sesión informativas, plans de emprego, charlas, coloquios, enquisas, estudos, etc.

Esta traxectoria ten xerado unha crecente demanda social, tanto por parte de traballadores (información sobre ofertas, métodos de busca de emprego, asesoramento sobre orientación profesional, etc.) como de empresarios (contratos subvencionables, plans de formación, solicitudes de perfís profesionais, etc.)  que nos conducen á necesidade de consolidar unha estrutura que permita a través da especialización do equipo técnico dar unha resposta cada vez máis áxil e eficiente a esta demanda.

Considerando a forte dimensión local do emprego, a Asociación de Empresarios de Redondela, entidade comprometida coa implementación de accións no ámbito local en materia e emprego, formación, igualdade de oportunidades ou xeración de oportunidades empresariais, pretende ser un punto de apoio á cidadanía de Redondela e do seu entorno, dotando ós cidadáns das ferramentas e recursos necesarios para poder mellorar a súa empregabilidade e conseguir o fin da inserción laboral e por outra banda dando resposta as necesidades das empresas en materia de recursos humanos.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela
Axudas e Subvencións Cursos
Formación

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia