16 xullo 2019
« Voltar

Axudas e Subvencións

SUBVENCIÓNS PARA A PONTENCIACIÓN DO TURISMO MEDIANTE A MELLORA DE ESTABLECEMENTOS RESTAURANTES

 Material Relacionado 

Orde da Consellería de Cultura e Turismo, do 23 de marzo de 2011 pola
que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réximen de
concorrencia competitiva, das subvencións para a potenciación do turismo
mediante a mellora de establecementos restaurantes.


Obxecto: a promoción e comercialización de Galicia como destino turístico de calidade, mediante a subvención a entidades privadas para a potenciación do turismo a través da mellora de establecementos restaurantes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios: os titulares dos establecementos restaurantes inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia, que se subvencionen terán que ser propietarios dos inmobles ou predios obxecto de actuación ou ben ter unha disposición sobre eles, acreditada por calquera título válido en dereito, que permita realizar o investimento proxectado. O dito título de disposición terá que ser outorgado en escritura pública e inscrito no Rexistro da Propiedade. En calquera caso, o beneficiario da subvención terá o pleno uso e desfrute dos inmobles e/ou dos predios.

Actuacións subvencionables:

   1-Mellora nas instalacións dos establecmentos relativas a:

  • Obras necesarias para acadar condicións de accesibilidade no establecemento e supresións de barreiras física ou sensorais: ramplas de acceso, agarradeiros.
  • Obras necesarias para a mellora da sustentabilidade nos establecementos turísticos (aforro enerxético de auga, reducción da contaminación acústica ou lumínica).
  • Obras de renovación e mellora de cociñas e baños e comedores restaurantes.
  • Mellora de garaxes ou aparcadoiros para uso exclusivo de clientes no mesmo predio onde se sitúen os establecementos.
   2-Mellora de servizos dos establecementos restaurantes relativas a:
  • Adecuación dos servizos de restauración para accesibilidade das persoas con discapacidade física ou sensorial.
  • Ampliación de tecnoloxías e sistemas de organización relativos á mellora da xestión dos establecementos.
Prazo de Presentación de solicitudes: ata o 30/04/2011.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia