16 xullo 2019
« Voltar

Axudas e Subvencións

SUBVENCIÓNS A ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS CO OBXECTO DE IMPLEMENTAR AS NORMAS UNE

Orde da Consellería de Turismo e Cultura do 12 de maio, pola que se
establecen as bases reguladoras para a concesión, en réximen de
concorrencia competitiva, das subvención a establecementos de turismo
rural, hoteis, hoteis talaso, hoteis balenario, balnearios, cafeterías,
bares , restaurantes, palacios de congresos, e empresas dedicadas ao
turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre, co obxecto de
implementar as correspondentes normas UNE que conduzan á certificación
da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística
Española.


Obxecto: aprobar as bases, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso, hoteis-balneario, balnearios, cafeterías, bares, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre para a implantación das correspondentes normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

Beneficiarios: os titulares dos establecementos de turismo rural, hoteis, hoteis-talaso, hoteis-balnearios, cafetería, bares, restaurantes, palacios de congresos e empresas dedicadas ao turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre que conten con clasificación turísitica expedida pola Comunidade Autónoma galega e que estean comprendidos na definición de pequena ou mediana empresa.

Será requisito imprescindible, para a concesión destas axudas, que a empresa solicitante inscriba ou teña inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta (REAT) a actividade turística para a cal se solicita axuda ou ben presentase a declaración responsable de inicio da actividade.

Actuacións subvencionables: considéranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística:

  • Procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE, correspondente ao presente ano.
  • Custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema.
  • Custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2011.
As axudas poderán acadar un máximo de ata o 40% do orzamento subvencionable. O importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 3.000 euros para os procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q e de 2.000 euros para procesos de seguimento.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13/07/2011.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia