16 xullo 2019
« Voltar

Axudas e Subvencións

SUBVENCIÓNS A AXENCIAS DE VIAXE PARA A PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DO DESTINO GALICIA

Orden da Consellería de Cultura e Turismo do 2 de maio, pola que se
establecen as bases reguladoras para a concesión, en réximen de
concorrencia competitiva, das subvencións a axencias de viaxe para a
promoción e comercialización do destino Galicia, e se procede a súa
convocatoria para o ano 2011.


Obxecto: aprobar as bases, para a concesión, en réximen de concorrencia competitica, das subvencións a entidades operadoras de axencias de viaxe para a promoción e comercialización do destino Galicia a través do deseño de paquetes turísticos especializados que creen novos productos e/ou novas ofertas creativas, así como procesos de certificación das axencias de viaxe segundo as normas do Instituto de Calidade Turística Española (ICTE) ou outras de recoñecido prestixio de ámbito internacional.

Beneficiarios: os titulares de axencias de viaxe que conten con clasificación turística expedida pola Comunidade Autónoma galega e que estean comprendidos na definición de pequena ou mediana empresa.

Actuacións subvencionables: considéranse actuacións subvencionables as seguintes:

Liña A) Deseño de paquetes turísticos de nova configuración .- están comprendidos nesta liña aqueles proxectos que configuren un paquete turístico, entendendo por este a oferta de servizos básicos como aloxamento, transporte e manutención combinada con, polo menos, dúas actividades de oferta e ocio.

Liña B) Produtos existentes renovados.- comercialización e promoción de novos produtos cunha oferta creativa e diferente que contribúan á mellora da competitividade do sector e reflictan unha imaxe de marca de Galicia como destino turístico moderno e actual.

Liña C) Mellora dos establecementos e da calidade turística

As axudas que se poden conceder aos proxectos que se recollen nesta orde como actuación subvencionables poderán alcanzar as seguintes contías:

Os proxectos sinalados na Liña A) poderán alcanzar un máximo de axuda de ata o 40% do orzamento subvencionable. O importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 50.000€.

Os proxectos sinalados na Liña B) poderán acadar un máximo de axuda de ata o 40% do orzamento subvencionable. O importe por este concepto será dun máximo de 50.000€.

Os proxecto sinalados na Liña C) poderán acadar un máximo de axuda de ata o 30% do orzamento subvencionable. O importe subvencioando por este concepto será dun máximo de 20.000€.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13/07/2011.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia