16 xullo 2019
« Voltar

Axudas e Subvencións

SUBVENCIÓNS PARA A POTENCIACIÓN DO TURISMO MEDIANTE A MELLORA DE ESTABLECEMENTOS RESTAURANTES

 Material Relacionado 

Resolución do 22 de xuño, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que
se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos
restaurantes.


Obxecto: as subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a promoción e comercialización de Galicia como destino turístico de calidade, mediante a subvención a entidades privadas para a potenciación do turismo a través da mellora de establecementos restaurantes.

Actuacións subvencionables: considéranse actuacións subvencionables as seguintes:

1.- Mellora das instalación dos establecementos restaurantes relativas a:

  • Obras necesarias para acadar condicións de accesibilidade no establecemento e supresión de barreiras físicas ou sensoriais: ramplas de acceso, agarradeiras,...
  • Obras necesarias para a mellora da sustentabilidade nos establecementos (aforro enerxético, reducción da contaminación acústica ou lumínica ...).
  • Obras de renovación e mellora de cociñas e baños e comedores restaurantes.
  • Mellora de garaxes ou aparcamentos para uso exclusivo de clientesno mesmo predio onde se sitúen os establecementos.
2.- Mellora de servizos dos establecemntos restaurantes relativas a:
  • Adecuación dos servizos de restauración para accesibilidade das persoas con discapacidade física ou sensorial (renovación ou modificación audioguías, pantallas táctiles,...).
  • Ampliación de tecnoloxías e sistemas de organización relativos á mellora da xestión dos establecementos.

A mellora subvencionable non poderá supor un incremento superior ao 10% das prazas autorizadas pola Administración Turística.

Financiamento: os proxectos de mellora que se recollen como accións subvencionables poderán acadar unha subvención de ata o 40% sobre o custo elixible Feder, sempre que non se superen os límites máximos de axuda establecidos na normativa aplicable.

Beneficiarios: podererán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens que reúnan os requisitos establecidos e sexan titulares dos establecementos restaurantes nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación de solicitudes será ata o 29 de xullo de 2012.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia