16 xullo 2019
« Voltar

Axudas e Subvencións

SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DE ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS

 Material Relacionado 

Resolución do 22 de xuño, da Secretaría Xaral para o Turismo, pola que
se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a
entidades privadas para incentivar o turismo mediante a mellora de
establecementos hoteleiros do grupo I e a creación ou mellora da oferta
complementaria de establecementos hoteleiros do grupo I.


Obxecto: as subvencións reguladas por as bases teñen por obxecto a mellora da infraestructura turística da Comunidades Autónoma de Galicia mediante a incentivación a entidades privadas para:

  • Mellora e equipamento de establecementos hoteleiros grupo I.
  • Creación ou mellora de oferta complementaria dos establecementos hoteleiros do grupo I existentes.

Actuacións subvencionables: poderán ser obxecto de subvención os seguintes investimentos:

1.- Liña A) de axudas destinadas a proxectos de mellora, remodelación ou modernización das instalacións existentes dos establecementos hoteleiros (grupo I):

  • Obras destinadas a conseguir a elevación de categoría do hotel.
  • Obras destinadas á reconversión de cuartos en suites.
  • Obras destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras para procurar facilidades a persoas con discapacidade física ou sensorial.
  • Mellora de garaxes ou aparacamentos para uso exclusivo de clientes no mesmo predio onde se sitúe o establecemento.
  • Ampliación ou mellora de instalacións dedicadas ao coidade da saúde.
  • Implantación de tecnoloxías e sistemas de organización relativos á mellora da xestión nos establecementos.
  • Obras  destinadas á renovación, tecnificación e innovación que conduzcan á implantación de sistemas de protección e mellora ambiental, tales como: aforro enerxético, mellor uso e depuración de augas, emisións atmosféricas, vertedura de augas, xeración e tratamento de residuos sólidos e non sólidos, contaminación acústica, substitución de materiais, etc.
  • Obras destinadas á adecuación e modernización das instalcións.

2.- Liña B) de axudas destinadas a proxectos de creación ou mellora da oferta complementaria de servizos nos establecementos hoteleiros existentes do grupo I (instalacións deportivas, recreativas ou de ocio, garderías, spa...) e aqueloutras actividades destinadas especialmente para público infantil e todas aquelas que a priori se revelen como susceptibles de xerar máis gasto e/ou maior estadía media dos viaxeiros..

3.- Liña C) de axudas destinadas a equipamentos dos establecementos hoteleiros (grupo I).

Financiamento: os proxectos que se recollen como accións subvencionables poderán acadar unha subvención de ata o 40% sobre o custo elixible Feder, sempre que non se superen os límites máximos de axuda establecidos na normativa aplicable.

Beneficiarios: poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens, que reúnan os requisitos establecidos e sexan titulares dos establecementos hoteleiros nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación de solicitudes será ata o 29 de xullo de 2012.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia