24 maio 2019
« Voltar

Axudas e Subvencións

SUBVENCIONS PARA O APOIO AO CRECEMENTO EMPRESARIAL

 Material Relacionado 

Orde do 20 de xullo de 2011, da Consellería de Economía e Industria,
pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réximen
de concorrencia competitiva, das subvención para o apoio ao crecemento
empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación
empresarial.


Obxecto: Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para as seguintes finalidades.

  • Apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas.
  • Apoio á preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais.
  • Apoio ao financiamento de proxectos individuais e os colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos TIC)
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas subvencións, as empresas de caracter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, onde desenvolverán os proxectos para os cales se solicita a axuda. Este réxime de axudas non poderá aplicarse a empresas activas nos sectores da pesca e da agricultura; a axudas á exportación nin a axudas que favorezan os produtos nacionais fronte aos produtos importados; a empresas activas na produción agrícola primaria; a empresas especializadas na transformación e comercialización de produtos agrícolas se o importe da axuda se establece en función do prezo ou da cantidade de produtos dese tipo comprados polos produtores primario ou comercializados polas empresas afectadas, ou se a concesión da axuda se supedita á obriga de cedela total ou parcialmete a produtores primarios.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 29 de agosto.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia