24 maio 2019
« Voltar

Axudas e Subvencións

SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS INNOVADORES

 Material Relacionado 

Orde do 20 de xullo de 2011, da Consellería de Economía e Industria,
pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime
de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos
innovadores para o crecemento empresarial.


Obxecto: As subvencións recollidas nestas bases teñen por obxecto incentivar o desenvolvemento de actuacións que incidan na capacidade competitiva das empresas, e que incrementen a súa capacidade tecnolóxica e innovadora mediante a dotación de recursos materiais específicos para desenvolver os seus proxectos de innovación, así como a dotación específica de unidades de I+D como vía de mellora da súa competitividade mediante a posta no mercado de novos ou mellorados produtos ou servizos, e a transformación de tecnoloxía entre organizacións densas en coñecemento e orientadas á innovación.

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos, as empresas de caracter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 29 de agosto.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia