24 maio 2019
« Voltar

Axudas e Subvencións

SUBVENCIÓNS AO SECTOR TÉXTIL-MODA-CONFECCIÓN PARA ACTUACIÓNS DE PROMOCIÓN E INTERNACIONALIZACIÓN

 Material Relacionado 

Orde do 10 de novembro de 2011, da Consellería de Economía e Industria,
pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réximen
de concorrencia competitiva, de subvención a empresas galegas do sector
téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias
de promoción e internacionalización.


A Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, acordou convocar axudas ás empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización.

Beneficiarios: as empresas privadas pertencentes ao sector téxtil-moda-confección como domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, xa sexan persoas físicas ou xurídicas.

Obxecto: actuación de difusión, actuación de promoción e ctuación de acceso a mercados.

       1.-Actuación de difusión.

  • Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través de campañas ou insercións en medios de comunicación, sempre que a súa difusión se realica en mercados internacionais.
  • Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través da elaboración de materiasl promocional como catálogos, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan información da empresa beneficiaria e que contribúan á divulgación e ao coñecemento dos seus produtos en mercados internacionais.

      2.-Actuacións de promoción.

  • Participación en feiras, desfiles, certámes e outros eventos expositivos sectorais de carácter profesional e internacional.
  • Corners e show-rooms situados nos mercados internacionais, para favorecer a promoción a través de exposicións permanentes.

      3.-Actuacións de acceso a mercados.
  • Estratexias de penetración no mercados externos a Galicia a través da expansión dunha marca: elaboración dun proxecto de expansión de marca dirixida aos mercados de carácter internacional, como vía de acceso, comunicación e fidelización; así como a materialización dos acordos con terceiros.
  • Estratexia de penetración nos mercados internacionais a través de licenzas de marca: elaboración dun proxecto que englobe o estudo de novas liñas de negocio amparadas en licenzas de marca orientadas ao acceso aos mercados internacionais así como a materialización dos acordos con terceiros. Os solicitantes terán que ser os titulares ou licenciatarios das marcas que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 4 das bases reguladoras.

O investimento máximo subvencionable será de 100.000,00 euros e a porcentaxe de subvención do 50%

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 16 de decembro de 2011.


Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia