reunión decano.jpg

OS NOVOS PROXECTOS PROMOVIDOS POLA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PODERÍAN CONTAR COA COLABORACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO.

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA E O DECANO DA FACULTADE DE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS DA UNIVERSIDADE E VIGO, JOSE SANTIAGO GÓMEZ FRAIZ, REÚNENSE PARA ANALIZAR AS POSIBILIDADES DE COLABORACIÓN ENTRE AMBAS ENTIDADES.

A aposta da Asociación de Empresarios de Redondela por un modelo de integración comarcal está a ter moi boa acollida entre o sector empresarial da comarca e neste sentido tanto en Arcade e Soutomaoir como en Pazos de Borbén estanse mantendo encontros empresariais.  O modelo de integración que se plantea seguir estará baseado no modelo de Agrupación Empresarias Innovadora no que axuntar nun espazo xeográfico os distintos axentes vinculados co sector produtivo, así con centros de investigación e formación, como a propia Universidade, involucrados nun proceso de intercambio colaborativo dirixido a obter vantaxes e beneficios derivados da execución conxunta de proxectos de carácter innovador. Unha das experiencias máis interesantes aportadas polo propio decano durante a reunión foi o importante traballo realizado sobre o marco decisional na selección do emprazamento da industria dadas as importantes necesidades de ordenación industrial a nivel local e comarcal da zona.



No ámbito local, a Asociación de Empresarios, no marco do Proxecto 2020, que está a desenvolver o Concello de Redondela, tamén espera acadar a colaboración da Universidade para executar accións na liña de Modernización do Tecido Comercial definido polo programa, no que o Decano da Facultade de CC. Eonómicas e Empresariais, José Santiago Gómez, estudiará as posibilidades de colaboración do departamento de marketing.