comercios-no-camino.png

REDE DE COMERCIOS E MERCADOS NO CAMIÑO

A Dirección Xeral de Comercio crea a Rede de comercios e Mercados no Camiño co obxectivo de potenciar as vendas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que pasan os Camiños de Santiago.

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a ORDE do 23 de setembro de 2019 pola que se crea a Rede de Comercios e Mercados no Camiño, se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para fomentar a adhesión a ela, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CO300F).


 A Rede de Comercios e Prazas no Camiño estará formada por establecementos comerciais retallistas e prazas de abastos cuxo domicilio social se atopa nalgún concello situado nun dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia e que solicitan a súa adhesión a ela.


Os establecementos  adheridos á rede contarán cun distintivo identificativo para colocar de xeito visible no seu establecemento comercial. Así mesmo, recibirán un paquete de benvida á rede, que consistirá en distintos elementos promocionais para a difusión da rede entre os clientes. 



Etiquetado como #comercio no camiño