24 setembro 2017
« Voltar

A NOITE DE COMPRAS DO VERÁN CHEGA A REDONDELA DA MAN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARTISTAS DE RÚA

28 xullo 2017

O vindeiro 4  de agosto o comercio de Redondela permanecerá
aberto pola noite. A apertura nocturna estará acompañada de grandes descontos,
promocións, premios, sorteos e un amplo programa de animación de rúa da man do
FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARTISTAS DE RÚA. 

Medio centenar de comercios
participarán nesta edición e convidarán á clientela a gozar de degustacións nas
súas tendas, a participar a sorteo e a aproveitar unha ocasión única de compra
no tramo final das rebaixas de verá no que o comercio precisa minimizar os
excedentes de campaña e non deixar mercadoría parada nos seus almacéns e, dado
que a campaña estival, pola súa menor duración, acostuma a deixar un maior
excedente teñen nesta actividade a ocasión de ofrecer espectaculares descontos
a súa clientela. O horario previsto contempla a apertura ata as 00:00h pero
pola experiencia dos últimos anos as aperturas comerciais esténdense ata as
dúas ou tres da madrugada o que sen dúbida ten suposto un gran éxito en todas
as edicións deste evento e que esperamos se repita. Sen dúbida o máis
importante para os establecementos da zona 
é a preparación dos descontos, promocións e actividades que se
desenvolverán nas tendas.

O comercio da Vila de
Redondela, configurado hoxe como centro comercial aberto, ten unha profunda
fusión ocio e nesta ocasión non podía ser menos, polo que o visitante tamén
poderá gozar das actuacións que ao longo de toda a zona comercial se realizarán
dende as 8  da tarde. O venres contaremos
cos espectáculos itinerantes de A TROPA DO DOUTOR MILAGRES, JUSTE KAMISHIBAI
que percorrerán todas a rúas. E as 21:45h na Praza da Constitución contaremos
coa actuación do MAGO RICHARD, ás 22:00h na Praza de Ponteareas LOS
ALCÁNTRARA  e ás 23:00h no escenario da
Casa da Torre coa actuación de ADMIRAN QUARTET. Como novidade realizarase a
estrea da actuación de A TROPA DO DOUTOR MILAGRES na Alameda de Chapela ás
12:30h da mañá.

A programación de rúa seguirá
a sábado 5  coas compañías:  CAPITÁN GARFO, MISTER ESTRÓMBOLI, O VIRABAY,
A ENSEMBLE MUSICAL e o ESPECTÁCULO POMPER 
que se localizarán ao longo de toda a vila.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia