23 novembro 2017
« Voltar

CREMOS EN REDONDELA. A IMPORTANCIA DA UNIÓN NO DESENVOLVEMENTO DA NOSA VILA.

31 outubro 2017

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA COLABORA COA CAMPAÑA DE BANCO SABADELL GALLEGO "CREMOS EN REDONDELA"

A Asociación de Empresarios firma un convenio con Banco Sabadell Gallego. O momento da sinatura non é casual xa que coincide co inicio da campaña "Cremos en Redondela" á cal a Asociación ven prestando o seu apoio activo dende o inicio da súa posta en marcha, por entendela como unha palanca de apoio ao comercio local.

Entre o 2 e o 30 de novembro a clientela do comercio local pode gañar 1.000€ por mercar nos negocios locais e ademais por cada compra que realicen poderán levarse unha Ecobolsa edición limitada ca imaxe de Redondela deseñada especialmente para esta campaña. Tan fácil como entrar en creemosenredondela.com, cubrir os datos do formulario e subir una foto co ticket de compra dun comercio da localidade e recibirás un correo de confirmación co que poderás recoller a túa bolsa na oficina Banco Sabadell Gallego de Redondela.

Coa firma deste convenio a Asociaicón aumenta as opcións de acceso a servizos financieiros para que os asociados poidan ampliar as súas opcións de financiación.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia