20 novembro 2017
« Voltar

PROGRAMA Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS TRABALLADORAS - PROGRAMA ESTABILIZA

23 xuño 2014

Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos. Programa Estabiliza

  • Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables:

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as seguintes transformacións de contratos temporais en indefinidos:
- As que se formalizasen desde o 1 de outubro de 2013 e ata a data de publicación desta orde, sempre que o contrato temporal obxecto de transformación estivese vixente o 30 de setembro de 2013. Cando se trate de transformacións en indefinidos de contratos en prácticas, para a formación, para a a formación, para a formación e a aprendizaxe de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación, non será necesario que o contrato temporal estivese vixente o 30 de setembro de 2013.
- As que se formalicen desde a data de entrada en vigor desta orde e ata o 30 de setembro de 2014, sempre que o contrato temporal obxecto de transformación estivese vixente na data de publicación destsa orde. Cando se trate de transformación en indefinidos de contratos en prácticas, para a formación, para a formación e a aprendizaxe, de revezamento pu substitución por anticipación da idade de xubilación, non será necesario que o contrato temporal estivese vixente na data de publicación desta orde

  • Requisitos:
- As transformacións de contratos temporais en indefinidos serán realizadas por empresas que teñan a condición de microempresa.
-Como consecuencia da contratación indefinida pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto da media dos tres meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación pola cal se solicita subvención.
- Non se incentivará a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que transcorresen máis de 24 meses desde a súa celebrecación inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, computándose todas as modalidades contractuais celebradas sen ruptura de continuidade.

  • Contía dos incentivos:
A transformación de contratos temporais en indefinidos incentivarase con 2.000 euros.

  • Exclusións:
Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinnidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzcan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e as fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con el, ou cando se trate dunha persoa trablladora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.














Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia