ORDE do 21 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do programa incentivos á contratación das persoas traballadoreas, confinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede a súa convocatoria para o ano 2014.
- Ámbito temporal de aplicación
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as modalidades de contratación temporal que cumprindo os requisitos establecidos neste anexo, se formalicen desde o 1 de outubro de 2013 e ata o 30 de setembro de 2014.
- Contratos de interinidade para favorecer a conciliación
- Serán subvencionables os contratos de interinidade que se realicen con persoas desempregadas para substituír a persoas traballadoras en excedencia por coidado de familiares, nos supostos e termos previstos no artigo 46.3 do Estatuto dos traballadores, ou con reducción de xornada de traballo por motivos familiares, nos supostos e termos previstos no artigo 37.5 do Estatuto dos traballadores, e sempre que, en virtude de disposición legal ou convenio colectivo de aplicación, se trate dunha excedencia con reserva de posto de traballo.
- O contrato de interinidade se formalizarase por un período non inferior a 4 meses nin superior a 3 anos.
- O contrato de interinidade deberá realizarse cunha persoa desempregada que teña a consideración de participante activa nos programas de fomento de empregabilidade.
- Contratos temporais para favorecer a inclusión
- Serán subvencioanbles os contratos de naturaleza temporal que se realicen con persoas desempregadas que pertenzan a algún dos colectivos en risco de exclusión social no artigo 2.2 desta orde.
- Son subvencionables todas as modalidades contractuais de carácter temporal sempre que se formalicen cunha duración mínima de 6 meses.
Os contratos de interinidade que cumpran os requisitos da base segunda deste anexo incentivaranse cunha axuda de 2.000 euros, que se reducirá proporcionalmente cando a súa duración sexa por un período inferior a un ano.
Os contratos realizados con cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinadade, ata o segundo grao incluído, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistas a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzcan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e as fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou no con el, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.