24 setembro 2017
« Voltar

PROGRAMA Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS TRABALLADORAS - PROGRAMA DE INCENTIVOS......

8 xullo 2014

ORDE do 21 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.
  • Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables
Serán subvencionables ao abeiro deste programa os contratos para a formación e a aprendizaxe formalizados desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 30 de setembro de 2014.
  • Requisitos

- Os incentivos previstos neste programa  serán de aplicación ás contratacións para a formación e a aprendizaxe que se realicen con persoas mozas desempregadas maiores de 16 anos e menores de 30 anos que carezan da cualificación profesional recoñecida polo sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato.

- Os contratos para a formación e a aprendizaxe terán unha duración mínima dun ano e deberán ser realizados con persoas desempregadas.

  • Contías dos incentivos

- Os contratos para a formación e a aprendizaxe incentivaranse cunha axuda de ata 1.200 euros, sempre que o tempo efectivo de traballo sexa igual ao 75 % da xornada de traballo, e a parte proporcional se a xornada de traballo é menor.

- Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 60 % do custo salarial anual correspondente ao contrato que se subvenciona.

  • Exclusións

Os contratos realizados con cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade ou dos órganos de goberno dos concellos e deputacións provinciais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como as que se produzcan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persona empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e as fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con el, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia