11 agosto 2014
Esta subvención ten por obxecto facilitar a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentando a rexeneración do tecido comercial.
- Beneficiarios/as: Comerciantes retallistas que teñan capacidade legal para exerceren o comercio e se dediquen a el de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 do Código de Comercio, que cumpran os seguintes requisitos.
- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.
- Ter unha idade mínima de 64 anos cumpridos nada data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
- Os transmisores que tenñan a idade ordinaria para causar a pensión de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñeran desenvolvendo, que se fixa na cantidade de setecentos euros.
- Os transmisores que non teñan acadada a idade ordinaria de xubilación percibirán un pagamento único, con independecia do número de establecementos comerciais que se viñeran desenvolvendo, a razón de setecentos euros mensuais ata o último mes en que cumpran a idade ordinaria de xubilación legalmente establecida, contados desde o mes seguinte a causaren baixa comercial.
- Os adquirentes do negocio percibirán un pagamento único de dous mil euros, con independecia do número de establecementos que adquiran.
- Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 1 de Setembro de 2014.